Colaboradores
- 1
- 2
A gañadora do sorteo dunha viaxe recibiu o seu premio das mans da directora de Viaxes Zonda e de Manel Fernández

13 Marzo 2023
Xa temos gañador da viaxe para dúas persoas cortesía de Viaxes Zonda, desta volta gañadora. O boleto, dos ofrecidos polo club Balona Linense FS, foi mercado (doazón de 1 euro) por Verónica Fernández.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles
O concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación VIDE, Manel Fernández, mantén contactos telefónicos constantes cos responsables do tecido deportivo vigués para seguir ao día as súas vicisitudes. Sabedor das dificultades que os equipos están a atravesar (hai entidades semiprofesionais viguesas, pero tamén un gran número de clubs que manexan altruistamente centos de mozas e mozos), o edil quere estar ao día da vida do tecido deportivo mentres se mantén o confinamento.
- Detalles
O Concello de Vigo ven de anunciar esta mañá novas medidas fronte ao coronavirus COVID-19. O goberno local mantivo unha reunión de traballo no salón de plenos na que o alcalde informou ás e aos concelleiros das novas decisións en materia de protección fronte ao coronavirus.
- Detalles
O Concello de Vigo ven de incrementar as medidas de precaución en función dos protocolos que as autoridades competentes sanitarias aconsellan polo coronavirus COVID-19 e pecha de xeito temporal o programa municipal de escolas deportivas, que abrangue a uns 4.000 nenos e nenas.
- Detalles
Xa temos boleto gañador. Este sábado foi sorteada no descanso do partido do Iberconsa Amfiv fronte ao Amiab Albacete a viaxe para quen participou no concurso de apoio ao deporte vigués que impulsaron Viaxes Zonda e a Fundación Vigo en Deporte (VIDE).
- Detalles
A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) entra nunha nova etapa. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que é o vicepresidente de VIDE, asinou este pasado xoves no Concello os convenios con seis empresas de Vigo (Corporación de Comunicaciones, Frutas Nieves, Gadis, Naviera Mar de Ons, Recalvi e Vitrasa) polos que estas se vinculan a VIDE como patrocinadores.