Colaboradores
- 1
- 2
O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...A Fundación VIDE e Viaxes Zonda entregaron esta semana o bono ao gañador do sorteo dunha viaxe para dúas persoas
07 Abril 2022
Manel Fernández, concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación VIDE, e Alice Martínez, directora de Viaxes Zonda, fixeron entrega do bono para unha viaxe ao vencedor do sorteo incluído no programa Siareiros. O posuidor do boleto 22.307, vendido polo Club Ciclista Vigués, gañou unha viaxe para dúas persoas.
Ler máis...- Detalles
Tras superar as dúas primeiras eliminatorias, o equipo feminino de tenis do C.D. Universidade de Vigo perdeu a final disputada en Gran Canaria contra o C.T. Tafira-os Toscanes polo global de 4 a 0.
- Detalles
A Concellaría de Deportes do Concello de Baiona, Secretaria Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar Xogade e a Agrupación Deportiva Escolar do Val Miñor, pon en marcha a undécima edición do Cross Escolar "Do Val Miñor 2009" carreira que se desenvolverá o día 13 de DECEMBRO no antigo campo de fútbol de Santa Marta en Sabaris, Baiona.
- Detalles
A Universidade de Vigo presentará o mellor equipo da súa historia na primeira edición dos Campionatos de Europa universitarios de taekwondo, que se disputará na cidade portuguesa de Braga do 10 ao 12 de decembro.
- Detalles
Raúl Bouzas, do Olimpic Vilagarcía (-72 quilos, peso lixeiro) cualificou a final como moi axustada. “Era un holandés moi duro que sabía o que facía e púxomo moi difícil ata os últimos 25 segundos”. “O meu secreto foi a tranquilidade, iso é o fundamental”. “Foi incribe, disfrutei todos os combates. Había un ambiente fantástico e penso que este campionato fará que o taekwondo acade un maior recoñecemento”.
- Detalles
A selección turca gañou por equipos nacionais o medallero destes primeiros Campionatos de Europa sub 21, ao alcanzar seis medallas de ouro, dous de prata e catro de bronce, conseguindo un total de 52 puntos. E iso que o equipo nacional otomano decepcionou na xornada final ao alcanzar unicamente unha final, a do peso medio ( -84 quilos), na que o ruso Aydemir Shakhbanov varreu o turco (10-5).