Colaboradores
- 1
- 2
A ACB volve ao Central das Travesas este sábado co Obradoiro-Valencia, un partido entre dous equipos de competicións europeas

07 Setembro 2023
Volve o Cidade de Vigo de baloncesto masculino. Será este sábado, co patrocinio do Concello de Vigo e a organización da Fundación Obradoiro, no Pavillón Central das Travesas, ás 20:00 horas. Obradoiro e Valencia Basket son os equipos elixidos despois de que nos últimos anos tivéramos no Central o Memorial Quino Salvo.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles
A selección turca gañou por equipos nacionais o medallero destes primeiros Campionatos de Europa sub 21, ao alcanzar seis medallas de ouro, dous de prata e catro de bronce, conseguindo un total de 52 puntos. E iso que o equipo nacional otomano decepcionou na xornada final ao alcanzar unicamente unha final, a do peso medio ( -84 quilos), na que o ruso Aydemir Shakhbanov varreu o turco (10-5).
- Detalles
A disputa en Vigo destes Europeos serviu tanto á Fundación Vigo en Deporte (VIDE) como á propia Concellería de Deportes para tomar “boa nota” das necesidades loxísticas dun evento deste calibre, moi similar en número de participantes (uns 400) aos que acudirán do 29 de xuño ao 4 de xullo de 2010 aos XI Campionatos do Mundo universitario masculinos e femininos, tamén no pavillón central das Travesas.
- Detalles
España rebañou dous oros máis en categoría feminina grazas á catalá Zaira Rivera ( -51 quilos, peso mosca) e á madrileña Sandra Lorenzo ( -72 quilos, medio), aínda que novamente quedou con certo sabor agridoce. Ademais, a galega Lara Ouviña ( -59, pluma) despediuse en cuartos ante a campioa, a italiana Zocco.
- Detalles
O pavillón central de As Travesas viviu mil batallas dende a súa inauguración no verán de 1968, para 5.500 espectadores, e a súa remodelación integral en 1999, para 3.300 espectadores, todos sentados.
Hóckey a patíns (Europeo junior masculino de 1968 e 1969), patinaxe artística (Mundiais de 1968, Europeo de 2002) ou baloncesto (Europeo junior masculino de 1968, Europeo junior feminino de 1974, Europa-América FIBA-NCAA de 1973, preolímpico de 1992), por citar só algúns exemplos, mostraron as súas mellores galas internacionais e espectáculos ante a mirada de miles de afeccionados. Pero nunca como estes tres días os nobres alicerces do pavillón central inaugurado por Samaranch gozaron dun evento de mil ollos.
- Detalles
E a Universidade de Vigo irá aos I Europeos Universitarios en Braga en decembro. O taekwondo galego en particular e o europeo e mundial en xeral seguirán tendo a Vigo e ata á Eurorrexión de referencia tanto no que queda de ano como para 2010. A Asociación Europea de Deporte Universitario (EUSA) fixou a cidade de Braga como sede da primeira edición dos Campionatos de Europa de taekwondo universitario, no vindeiro mes de decembro (10-12), e a Universidade do Minho será a encargada de facer un gran evento no Pavilhao Desportivo Universitario.