Concello de Vigo    

Cabeceira Vide
  • 1
  • 2

A gañadora do sorteo dunha viaxe recibiu o seu premio das mans da directora de Viaxes Zonda e de Manel Fernández

A gañadora do sorteo dunha viaxe recibiu o seu premio das mans da directora de Viaxes Zonda e de Manel Fernández

13 Marzo 2023

Xa temos gañador da viaxe para dúas persoas cortesía de Viaxes Zonda, desta volta gañadora. O boleto, dos ofrecidos polo club Balona Linense FS, foi mercado (doazón de 1 euro) por Verónica Fernández.

Ler máis...

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022

A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.

Ler máis...

Becas 2022Como cada outono regresa o programa de axudas ao deporte individual que presenta a Fundación Vigo en Deporte. O seu programa VIDE en Futuro, reservado para apoiar ao deporte individual, abriu o prazo para solicitar as axudas pola tempada deportiva 21/22. O periodo de solicitudes pechará o 14 deste mes.

 

Fotosizer 1Aberto o prazo para unha nova edición dos campamentos polideportivos que organiza a Fundación Vigo en Deporte.

Seguindo a liña dos últimos anos, VIDE oferta un total de 300 prazas para nenas e nenos de 6 a 14 anos. Haberá dúas quendas no complexo das Travesas e unha no complexo de Samil. Deste xeito, o primeiro dos campus vai ser do 27 de xuño ao 1 de xullo, o segundo, tamén nas Travesas, do 4 ao 8 de xullo, mentres que en Samil terá lugar o derradeiro campamento polideportivo do 11 ao 15 de xullo.

 

 

VCwebO alcalde deu a coñecer este venres os detalles dunha nova edición do torneo que organiza o Concello. Vai xogarse entre o 27 de xuño e o 10 de xullo e que reúne as modalidades de fútbol sala, fútbol 7 e fútbol 11. A inscrición é gratuíta e o público poderá presenciar os encontros desde as gradas.

 

IMG 8274Manel Fernández, concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación VIDE, e Alice Martínez, directora de Viaxes Zonda, fixeron entrega do bono para unha viaxe ao vencedor do sorteo incluído no programa Siareiros. O posuidor do boleto 22.307, vendido polo Club Ciclista Vigués, gañou unha viaxe para dúas persoas.

 

2022 0312 18515200 01Sorteouse este sábado a viaxe para dúas persoas patrocinada por Viaxes Zonda. Como é habitual, a Fundación VIDE, promotora desta acción, levou o sorteo ao partido do equipo de máis alta categoría de entre os máis de corenta clubs adscritos ao programa Siareiros.