Colaboradores
- 1
- 2
Aberto o prazo de inscrición para os tres campus polideportivos que organiza VIDE nas Travesas e Samil

27 Maio 2022
Aberto o prazo para unha nova edición dos campamentos polideportivos que organiza a Fundación Vigo en Deporte. Seguindo a liña dos últimos anos, VIDE oferta un total de 300 prazas para nenas e nenos de 6 a 14 anos. Haberá dúas quendas no complexo das Travesas e unha no complexo de Samil. Deste xeito, o primeiro dos campus vai ser do 27 de xuño ao 1 de xullo, o segundo, tamén nas Travesas, do 4 ao 8 de xullo, mentres que en Samil terá lugar o derradeiro campamento polideportivo do 11 ao 15 de xullo.
Ler máis...A Fundación VIDE e Viaxes Zonda entregaron esta semana o bono ao gañador do sorteo dunha viaxe para dúas persoas
07 Abril 2022
Manel Fernández, concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación VIDE, e Alice Martínez, directora de Viaxes Zonda, fixeron entrega do bono para unha viaxe ao vencedor do sorteo incluído no programa Siareiros. O posuidor do boleto 22.307, vendido polo Club Ciclista Vigués, gañou unha viaxe para dúas persoas.
Ler máis...- Detalles
A organización dos Campionatos de Europa sub 21 de taekwondo acadou un acordo coa empresa concesionaria do servizo urbano de transporte de Vigo, Vitrasa, para que sexa o transportista oficial do torneo.
O convenio de colaboración supón para a organización asegurarse a experiencia dunha empresa con 40 anos de servizo na cidade e cunha flota de autobuses de última xeración. Todas as federacións internacionais, e a Unión Europea de Taekwondo non é una excepción, inciden especialmente na eficacia dos sistemas de transporte nos eventos deportivos e a Federación Galega de Taekwondo garantiuse así o mellor servizo grazas ao interese mostrado por Juan Carlos Villarino, xerente da empresa.
- Detalles
A selección española que participará no Europeo sub 21 de Taekwondo, que terá lugar en Vigo entre os días 6 e 8 de novembro, xa está decidida, tralas probas de selección realizadas en Madrid.
- Detalles
O vigués Sebastián Rodríguez, “Chano”, rematou con seis metais os Campionatos de Europa de natación para discapacitados. Cinco medallas de ouro e unha de prata foron o seu botín na piscina de 50 metros e 10 rúas situada no Complexo de Natación Laugardalur de Reykjavik, a capital islandesa. O anterior Campionato de Europa celebrouse no ano 2001 en Estocolmo (Suecia).
- Detalles
Os pasados días 17 e 18 de outubro en La Pola de Gordón disputouse a terceira e derradeira proba do RFME Trofeo Nacional de Trial Tr3, Xuvenil, Cadete e Mulleres. Na Copa de España de trial cadete, ao vigués Jorge Casales (Motoelite), cunha Gas Gas, bastáballe con rematar segundo para alzarse co trofeo, e así o fixo o novo piloto. Oriol Noguera (Gas Gas), que terminara en segunda posición nas dúas anteriores probas, facíase coa vitoria, pero o título viaxaba ás mans de Casales.
- Detalles
A Fundación Vigo en Deporte continúa o seu apoio non só aos eventos propios de base (Vigo Cup e campus polideportivo) senón tamén aos grandes eventos da cidade.