Colaboradores
- 1
- 2
A ACB volve ao Central das Travesas este sábado co Obradoiro-Valencia, un partido entre dous equipos de competicións europeas

07 Setembro 2023
Volve o Cidade de Vigo de baloncesto masculino. Será este sábado, co patrocinio do Concello de Vigo e a organización da Fundación Obradoiro, no Pavillón Central das Travesas, ás 20:00 horas. Obradoiro e Valencia Basket son os equipos elixidos despois de que nos últimos anos tivéramos no Central o Memorial Quino Salvo.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles
O Celta Indepo solicitou a colaboración dos seus siareir@s en particular e dos afeccionados ao baloncesto e simpatizantes en xeral para organizar o decembro un exposición de recordos de 40 anos de traxectoria do Celta no baloncesto feminino.
- Detalles
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza o vindeiro 27 de novembro o I Encontro Internacional de Voluntariado Xuvenil, dirixido a todas as entidades de acción voluntaria xuvenil, asociacións xuvenís, persoal das OMIX e voluntarios en xeral interesados na materia.
- Detalles
A organización dos Campionatos de Europa sub 21 de taekwondo acadou un acordo coa empresa concesionaria do servizo urbano de transporte de Vigo, Vitrasa, para que sexa o transportista oficial do torneo.
O convenio de colaboración supón para a organización asegurarse a experiencia dunha empresa con 40 anos de servizo na cidade e cunha flota de autobuses de última xeración. Todas as federacións internacionais, e a Unión Europea de Taekwondo non é una excepción, inciden especialmente na eficacia dos sistemas de transporte nos eventos deportivos e a Federación Galega de Taekwondo garantiuse así o mellor servizo grazas ao interese mostrado por Juan Carlos Villarino, xerente da empresa.
- Detalles
A selección española que participará no Europeo sub 21 de Taekwondo, que terá lugar en Vigo entre os días 6 e 8 de novembro, xa está decidida, tralas probas de selección realizadas en Madrid.
- Detalles
O vigués Sebastián Rodríguez, “Chano”, rematou con seis metais os Campionatos de Europa de natación para discapacitados. Cinco medallas de ouro e unha de prata foron o seu botín na piscina de 50 metros e 10 rúas situada no Complexo de Natación Laugardalur de Reykjavik, a capital islandesa. O anterior Campionato de Europa celebrouse no ano 2001 en Estocolmo (Suecia).