Colaboradores
- 1
- 2
A gañadora do sorteo dunha viaxe recibiu o seu premio das mans da directora de Viaxes Zonda e de Manel Fernández

13 Marzo 2023
Xa temos gañador da viaxe para dúas persoas cortesía de Viaxes Zonda, desta volta gañadora. O boleto, dos ofrecidos polo club Balona Linense FS, foi mercado (doazón de 1 euro) por Verónica Fernández.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles
A Fundación Vigo en Deporte, que preside o concelleiro Manel Fernández por delegación do alcalde da cidade, Abel Caballero, abriu o prazo de inscrición para a súa convocatoria de bolsas anuais a deportistas individuais, parellas, tríos e cuartetos pola tempada deportiva 18/19.
- Detalles
En marcha unha nova edición do tradicional sorteo dunha viaxe para obter fondos para os clubs do programa Siareiros. A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e Viaxes Zonda lanzan a quinta campaña consecutiva, con 46.000 euros en boletos para o sorteo dunha viaxe a Marrocos, Ceuta, Xerez e Alxeciras.
- Detalles
O deporte vigués de formación, arroupado por representantes duns corenta clubs e máis de medio milleiro de deportistas, tomou este mércores as escalinatas do Museo Marco e a rúa do Príncipe no acto de apertura oficial da tempada 19/20 do programa Siareiros da Fundación VIDE, que lidera o Concello. Por segundo ano consecutivo elixiuse un escenario ao ire libre despois de anos arrincando nos pavillóns de Navia, Pista Vermella ou Bouzas.
- Detalles
- Detalles
O scooter KSR Classic 125 sorteado pola Fundación VIDE e Hyupersa Vigo a prol dos clubs participantes na Vigo Cup 2019 xa foi recollido polo posuidor do boleto afortunado, José Manuel Castro, nun sinxelo acto nas instalacións de Hyupersa Vigo, o concesionario oficial de Hyundai. Á entrega asistiron o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e o xerente de Hyupersa, Juan José Paz.